Ribadeo, 20 de abril de 2016. Continúan as saídas formativas da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside o ribadense Álvaro Doural. Dous profesores de Apaga realizan do 10 a 28 de abril unha estancia formativa en Olomouc, na República Checa. Nese país participan en diversas actividades como a visita ás fábricas de Hyundai, Hella e Ford e “imparten clase sobre neumáticos e alineado de dirección e deron a coñecer o material elaborado por eles mesmos en formato libro electrónico no centro Stredniskolaplytechnická, colaborando co seu profesorado”, explica Doural.
Fernando Clares e Antonio Rincón do IES Miguel de Cervantes de Murcia, son os mestres que participan nesta saída formativa. Trátase dun centro que pertence ao consorcio de 19 centros educativos que coordina Apaga.
E tamén dentro do proxecto Conocimiento e Innovación en la Formación Profesional tres profesores de APAGA están desde o pasado domingo, 17 de abril, ata o 23 deste mes noutra estancia formativa en Lisboa. No país luso realizan visitas a centros de FP, universidades e empresas do sector do automóbil. Os profesores que se atopan en Portugal son Ramón Martínez do CIFP de Ferrolterra, Nelson Da Mota do CIFP Virgen del Camino de Pamplona, e Luis Fernández do CIFP Avilés.
Álvaro Doural lembrou hoxe que “outros tres profesores membros da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) atópanse nunha nova estancia formativa en Croacia dentro do programa Conocimiento e innovación en la Formación Profesional. José Luis Carballido, do IES A Sangriña de A Guarda; Manuel Martín Vidal, do CIFP Coroso de Ribeira; e Juan José López, do IES de Fene levan xa en Zagreb uns días e alí permanecerán ata o 24 de abril. Son cinco as xornadas que van estar na Elektrostrojarska Obrtnicka “visitando empresas do sector do automóbil, outros centros educativos e tamén impartirán varias clases sobre vehículos híbridos e vehículos que utilizan o hidróxeno como combustible”, segundo explica o presidente de APAGA.
Álvaro Doural engade que “estes profesores levan abundante material didáctico para doar a esta escola de formación profesional. Está previsto que manteñan unha xuntanza coa asociación de empresarios do automóbil de Zagreb. Tentarán realizar contactos con empresas para poder enviar a alumnos dos seus centros o vindeiro curso. E outro tema importante que van abordar nos centros que visiten será a formación profesional non formal e os proxectos para emprendedores”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



