14 de abril de 2016.- O 14 e 15 de Maio a Asociación de Sendeirismo Paso Miudo van pasar o fin de semana a Pena Trevinca, e se lles pode unir calquera persona, ascenderán a Pena Trevinca domingo e mais visitarán o lago da Baña Sábado. O prezo é de 90 Euros socios e 110 Euros non socios, o prezo inclúe almorzo, comida e cea do Sábado, estancia no Hotel Rural Fonte da Cova de Trevinca, almorzo e comida do Domingo, mais o traslado en bus desde Ferreira e o seguro de Responsabilidade Civil. Os interesados e interesadas poden dirixirse ó e-mail pasomiudo@gmail.com ou ós teléfonos 982 57 47 41 e 647 832 202
Fin de semana en Pena Trevinca de Paso Miudo
Fin de semana en Pena Trevinca de Paso Miudo
Relacionado
-
O Concello de Cervo clausura o curso das Escolas Deportivas Municipais Infantís
-
Inauguración este venres en RegalXunqueira da exposición “Acuaño”, pinturas en acuarela de Ricardo Aller de Dios
-
Un numeroso grupo de persoas sumouse esta fin de semana á Andaina Solidaria da Mariña organizda pola UPA de Viveiro