Ribadeo, 16 de abril de 2016.- As instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo acolleron na tarde deste venres a inauguración da IV Quincena do Mar, que organizan os restaurantes Marinero, San Miguel e La Solana. Os cociñeiros e propietarios destes establecementos explicaron aos asistentes ao acto as preparacións en tapas, racións e menús, que van poder saborear nos tres locais ata o próximo 29 de abril. Xunto a Roberto Rivas, José Ramón Rodríguez e José Blanco estivo o alcalde ribadense, Fernando Suárez. Tras as catro intervencións tivo lugar unha degustación gratuíta ofrecida polos tres restaurantes. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
