Viveiro, 26 de abril de 2016.- Este mércores 29 de abril o alumnado de 1º e 2º ESO, así como varios profesores do centro, realizarán unha lectura colectiva do Quixote, a obra cume de Miguel De Cervantes.
Este acto englóbase na conmemoración dos 400 anos da morte do xenial escritor, e ademais desta lectura, tamén organizan unha exposición de murais e outros debuxos.
O acto terá lugar entre as 8:20 horas e as 14 horas na planta baixa do edificio 2.