Lugo, 8 de marzo de 2016.- A Xunta de Goberno aprobou este venres a celebración dun congreso na Deputación, sobre as oportunidades laborais da rehabilitación de vivendas e no que participarán reputados expertos. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que informou tamén que esta actuación inclúese dentro do convenio de colaboración posto en marcha entre o organismo e a Asociación Provincial de Empresarios da Construción.
Santos Ramos destacou que “ao abeiro desta colaboración, puxemos en marcha a finais do 2015, o Programa de Impulso da Rehabilitación Sostible de Vivendas na Provincia de Lugo, co que buscamos reactivar o sector da construción a través da rehabilitación eficiente de vivendas”.
O programa está dividido en 4 liñas de actuación:
1.- Proxecto Reacciona: dirixido a usuarios e propietarios de vivendas, busca difundir e sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de cumprir cos obxectivos 20/20/20 e as vantaxes que supón realizar unha rehabilitación dos edificios seguindo criterios enerxéticos. Dentro desta liña está habilitada a páxina www.reacciona2020.com, que conta xa con máis 15.400 visitas.
Ademais, na propia sede de APEC, calquera persoa pode realizar consultas de xeito presencial e personalizado ou a través do correo electrónico info@reacciona2020.com e do teléfono gratuíto 900 103 384, no que se levan contabilizado máis de 750 chamadas.
Ao longo do ano está previsto o desprazamento da oficina técnica cunha unidade móbil a 20 localidades da provincia para tratar de difundir entre veciños este proxecto. Neste momento, a unidade móbil desprazouse a 11 concellos da provincia, nos que se recibiron 231 visitas na unidade. Concretamente, os Concellos visitados foron os de: Lourenzá, Mondoñedo, Meira, A Pontenova, Portomarín, Vilalba, Guitiriz, Monterroso, A Fonsagrada, Quiroga e Monforte de Lemos os que lle seguirán Viveiro, Alfoz, Barreiros, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Chantada, O Incio, Lugo e Rábade.
2.- Proxecto Reconstrúe, dirixido ás empresas, ten como obxectivo difundir a oportunidade de negocio que supón o mercado das rehabilitacións enerxéticas, ao tempo que busca concienciar aos traballadores sobre a necesidade de actualizar as súas competencias en materia enerxética. Dentro desta liña de actuación, os técnicos realizarán 160 visitas a obras da provincia, informando sobre o proxecto e os servizos que ofrece, así como as posibilidades de negocio e de traballo que ten a rehabilitación enerxética.
3.- Proxecto Reenfócate, que busca axudar ás empresas do sector dando soporte técnico para a súa reconversión. Dentro deste proxecto estanse a realizar xornadas técnicas, nas que empresas de referencia fan presentacións sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética. Polo momento, celebráronse xa 10 xornadas en Lugo, Barreiros e Monforte de Lemos e nas que se inscribiron máis de 350 persoas.
Neste mes, celebraranse as últimas cunha xornada técnica sobre rehabilitación con derivados da madeira que se celebrará en San Cosme de Barreiros o próximo día 14 de Abril e dúas xornadas sobre a nova directiva de deseño ecolóxico nas instalación de calefacción e refrixeración que se celebrarán os días 26 e 27 de Abril en San Cosme de Barreiros e Monforte de Lemos, respectivamente.
Ademais, fíxose un estudo do Estado do parque de vivenda da provincia de Lugo, no que a partir dos datos catastrais se analizaron as necesidades de rehabilitación do parque edificatorio da provincia.
Os traballadores e empresas realizaron máis de 350 consultas sobre temas relacionados coa rehabilitación, e especialmente sobre as subvencións as que os seu clientes se poderían acoller. A forma de consulta máis habitual foi a través do teléfono gratuíto 900 103 384 ou ben de xeito presencial na oficina técnica situada na sede da APEC en Lugo.
4.- Proxecto Rehabilítate, dirixido a profesionais e traballadores do sector, ten como obxectivo principal proporcionar formación a traballadores do sector a fin de actualizar as competencias profesionais en materia de rehabilitación e eficiencia enerxética. Maña mesmo, remata o último curso de formación que é o de Parámetros económicos que avalían a rendibilidade das actuacións en eficiencia enerxética que se está a celebrar en San Cosme de Barreiros.
Durante o proxecto deuse formación a 145 alumnos con máis de 7.500 horas de formación, en cursos como Colocación de illantes, Instalacións de xeotermia, Instalación de biomasa e Parámetros económicos que avalían a rendibilidade das actuacións en eficiencia eficiencia enerxética.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de 3 desempregados lucenses que traballarán noutras tantas entidades e/ou asociacións da provincia. Concretamente son: un comercial-axente de viaxes para Lugo; un peón forestal para Chantada, e un técnico de turismo para Monforte de Lemos.
Ademais, tamén aprobou 3 novas entidades beneficiarias deste programa de fomento do emprego, que son: un comercial de seguros para Lugo, un camareiro de piso para Trabada e un Mecánico, oficial de terceira, tamén en Lugo, que se publicarán nas vindeiras semanas na Bolsa de Emprego da Deputación.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



