O colectivo “Marea de Ribadeo” ven de propoñer ao Concello de Ribadeo que o próximo 14 de abril a bandeira republicana sexa colocada no balcón da casa consistorial, polo menos dentro do horario de 12.00 a 15.00 horas “en lembranza da República Española que tantos avances sociais e democráticos supuxo para as clases populares e traballadoras e tantas ilusions despertou para ser destruida violentamente polo golpe militar do 18 de xullo de 1936, promovido polo xeral Franco e outros militares fascistas”.