A Asociación Deportiva Salto Do Coro e a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organizan a proba PREPARATORIA de bádminton de A Terra Chá, pertencente a esta agrupación, enmarcada dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Esta proba realizaráse o sábado 9 de abril de 10.00 a 12.00 horas no polideportivo Municipal de Mondoñedo e á mesma acudirán rapaces e rapazas de Vilalba, Outeiro de Rei e Bretoña.
A Asociación mindoniense participará con 12 rapaces e rapazas en categorías benxamín, infantil e cadete.