O BNG Viveiro vén de celebrar unha Asamblea Extraordinaria para elexir un Consello Local provisional, reestruturando a organización local a raíz das baixas producidas nas últimas semanas na organización.
O organismo -formado inicialmente por Ramón Vizoso, Belén González, Seve Salgueiro, Gloria Rouco e David Díaz- conxuga a experiencia de persoas con anos de militancia e a renovación da man de novas incorporacións que nunca tiñan participado en organismos do BNG. Neste sentido, desde o novo Consello Local sinalan que “este é un proceso que está comezando e no que queremos contar con todas as persoas que teñan intención de traballar por Viveiro e polo País desde unha óptica nacionalista.” Por iso, convidan a todas as veciñas e veciños a participar neste ilusionante proceso de renovación que coincide tamén con un proceso de refundación a nivel xeral do nacionalismo.
As persoas integrantes do novo Consello Local aclaran que “o BNG perde a representación no Concello de Viveiro por mor da negativa dos concelleiros que abandonaron a organización a renunciar ás actas.” Pero “desde o BNG entendemos que a lexitimidade democrática da representación non debe ser valorada polos sentimentos ou opinións persoais dos representantes, senón que vén dada polas papeletas depositadas pola veciñanza nas urnas fai menos dun ano. Nelas figuraban uns nomes e unhas siglas, circunstancia que mudou actualmente nestes representantes. Comprendemos o gran valor que aportan estes nomes, -continúan desde o renovado Consello- pero non se pode obviar o valor do BNG como organización e os apoios que recaba, así como a campaña electoral feita a nivel de País e local, co traballo e a implicación de todas as persoas que forman parte da organización, figuren ou non na lista e as bases que rixen a nosa agrupación”.
O BNG viveirense incide en que “pese a estar privados de voz propia no Concello, seguiremos loitando por Viveiro, pois cremos en que hai moitos lugares desde onde traballar na defensa dos intereses das veciñas e veciños e hai por diante moito traballo por facer”.
Así, unha das primeiras resolucións que adoptou o novo Consello Local foi manifestar o apoio incondicional da organización ás traballadoras e traballadores de “Conservas Alonso”, ao tempo que anuncian que “loitaremos incansablemente contra o seu peche, na defensa dos postos de traballo e dos sectores produtivos de Galiza.”
Por último, desde a nova agrupación local sinalan que “queremos amosar o noso agradecemento a todos os que coa súa dedicación e traballo defenderon as siglas BNG, sexa como cargo público ou co seu traballo militante e moitas veces anónimo sen o que o valor do BNG non sería posible”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



