Mondoñedo, 13 de abril de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Deportes, Manuel Tapia, anuncian que o Concello está a preparar unha homenaxe ás dúas irmáns Rodríguez Ares polos “seus éxitos deportivos e as súas prometedoras carreiras no atletismo”.
As mindonienses Ainara e Iria Rodríguez Ares conquistaron varios campionatos galegos de atletismo e veñen de acadar esta fin de semana dous novos metais no Campionato Galego da milla en ruta que se celebrou en Sada.
As dúas irmáns, que forman parte das Escolas Deportivas de Lourenzá Maderas Barcia, confírmanse proba tras proba como o futuro do atletismo galego, “un feito do que nos sentimos moi orgullosos dende Mondoñedo”, asegura a rexedora, Elena Candia. “Baten récords competición tras competición” e son “claras merecedoras dun recoñecemento por parte do Concello, xa que alí onde van levan o nome da nosa cidade. Desexámoslles o mellor no seu futuro deportivo”, engade.
Entre os trofeos que figuran na vitrina de Ainara Rodríguez, atópanse o de campioa comarcal e provincial de campo a través, campioa provincial de 60 m.l. e de 500 metros; así tamén obtivo a medalla de ouro no campionato galego de 60 m.l. en pista cuberta e no de 500 m.l. en pista cuberta; ademais de facerse co metal de bronce en milla en ruta. Unha das mellores embaixadoras das Escolas deportivas con 21 triunfos en carreiras populares no 2015.
A súa irma Iria é na súa categoría de benxamín, campioa comarcal e provincial de campo a través; tamén quedou primeira no campionato equivalente ao campionato galego de campo a través na súa categoría celebrado en Friol; ao que se lle suma o subcampionato provincial de 50 m.l. en pista cuberta e o campionato provincial e galego de 1000 m. en pista cuberta. En Sada obtivo a medalla de Ouro en milla en ruta.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
