Burela, a 21 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela presentou este mércores unha moción para que se debata no pleno de mañán con carácter de urxencia, coa finalidade de que “o Concello de Burela asine coa Deputación Provincial de Lugo un convenio para que o ente provincial asuma, a través da figura e cauces que se consideren oportunos, os custos derivados de levar a cabo o proxecto de reparcelación e equidistribución da zona industrial do Perdouro reflexada no Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), así como o proxecto de urbanización do mesmo, dado que nos presupostos municipáis do presente ano non hai partida para estes traballos”.
Os populares lembran que “no PXOM, que contou con voto en contra do PSOE, figuran dúas zonas industriais, a da Puida, non delimitada, e a de O Perdouro, delimitada. Nesta zona, por esa condición de delimitada, o concello pode actuar xa, elaborando o proxecto de reparcelación e equidistribución, e tamén o proxecto de urbanización, pasos fundamentáis para crear solo empresarial que asente empresas ou que alomenos a que non se deslocalice ningunha, que xenere emprego e polo tanto riqueza, e que asente poboación. O goberno municipal do PP elaborou documentación logo da aprobación definitiva do PXOM, pero vemos que desde o goberno socialista non se fixo nada ó respecto”.
O GMP afirma que “desde que se faigan as obras de urbanización, tardarase dous ou tres anos en ver feita unha nave; pero sen non se fai a urbanización da zona, nunca veremos ningunha nave, o que se traducirá na falla de postos de traballo”.
Desde o GMP, “desexamos aclarar que a Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, que depende da Diputación, tivo desde 2006 e hasta 2012, os dous anos incluidos, unha previsión de investimento para desenvolvemento de solo empresarial en Burela. Tal previsión desapareceu no ano 2013, e así hasta hoxe. Nos presupostos da Diputación para este ano hai unha partida de algo máis de 443.000’00€ para actuacións en solos industriales en varios concellos da provincia, partida que o PP pedíu aumentar hasta un millón de euros nos presupostos provinciais para o presente ano e que o bipartito rexeitou”.
“Parécenos, indican desde o GMP, que o alcalde non tén moito interés neste asunto, cando é clave para o futuro do noso concello. Por eso presentamos esta moción, porque non podemos permitir que sega pasando o tempo e non se faiga nada ó respecto desde o goberno municipal”.
Finalmente, o GMP indica que “no noso programa electoral decíamos que era preciso levar a cabo o parque empresarial de O Perdouro. Tamén por ese motivo é polo que presentamos esta moción”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



