Lourenzá, 15 de abril de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá, a través do seu vicevoceiro Javier Rodríguez Barrera, vén de rexistrar unha moción a través da que lle piden ao Goberno local que adopte medidas dirixidas a darlle unha solución á problemática dos animais domésticos abandonados no termo municipal.
En concreto, os populares a través da súa iniciativa solicitan que o Concello asine un convenio cunha protectora de animais que opere na zona a fin de garantir a recollida e posterior recuperación física e psicolóxica destes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía, maioritariamente a través da adopción.
Dende o Grupo Municipal Popular explican que se están a dar varios casos de abandono de animais no municipio sendo o Concello, por imperativo legal, o que ten a obriga de facerse cargo dos animais abandonados ou extraviados.
Os populares aseguran que esta moción responde a unha demanda dos veciños, que se amosan preocupados pola situación que se está a dar ante o abandono de animais domésticos. Deste xeito, o Grupo Popular matiza na súa moción que no convenio que propoñen que se asine cunha protectora de animais, se inclúan como obrigas por parte da protectora a recollida e traslado dos animais abandonados ou maltratados; a identificación do animal a través do microchip e, de non telo, instalarlles un e tramitar a súa alta no REGIAC; a realización de atencións veterinarias curativas e preventivas e a procura da adopción ou acollida da maior parte dos animais recollidos.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



