Lugo, 21 de abril de 2016.- O Grupo Provincial do PP pedirá no próximo Pleno que se celebra o martes a posta en marcha dun plan provincial de reactivación e fomento do emprego coa finalidade de promover a contratación por parte dos concellos de persoas desempregadas.
En concreto, a voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, explica que se demanda que a Deputación de Lugo poña en marcha un plan provincial de reactivación e fomento do emprego para os concellos da provincia de Lugo, dirixido especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, é dicir, os menores de vinte mil habitantes destinado a promover a contratación de persoas desempregadas polos propios concellos beneficiarios, para a prestación de servizos municipais básicos, así como a realización e o mantemento de obras locais.
Pídese ademais que o reparto se realice atendendo aos mesmos criterios establecidos para o Plan de Obras e Servizos de competencia municipal e de estradas para o ano 2015. Así mesmo, solicítase que cada concello determine o número, o perfil profesional e os grupos de cotización dos desempregados que necesite contratar para cubrir as súas necesidades, así como que cada administración local leve a cabo a convocatoria, o proceso de selección e contratación dos traballadores desempregados.
Por último, o PP require que o equipo de goberno elabore e someta ao pleno a aprobación das bases que rexerán este plan provincial de reactivación e fomento do emprego.
Obxectivos do plan
Elena Candia explicou, nunha rolda de prensa na que compareceu acompañada dos vicevoceiros Carlos Armesto e José Antonio García, que o que se pretenden son tres obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, que os concellos da provincia poidan prestar adecuadamente os servizos municipais básicos, fomentar o emprego e dinamizar as economías locais, así como facer unha utilización máis eficaz dos recursos públicos.
Así, engadiu que o seu grupo “cree que é conveniente que a Deputación Provincial de Lugo do total do crédito previsto no orzamento para o ano 2016 para “Fomento do Emprego”, destine 5.000.000,00 euros, para a contratación polos propios concellos de persoas desempregadas para a realización de traballos necesarios, urxentes e inaprazables no ámbito local.
Competencias da Deputación
Os populares recordan que entre as competencias que lle outorga a Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, ás Deputacións Provinciais, cabe subliñar que por una banda o artigo 31.2. establece que: “Son fins propios e específicos da Provincia garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais, no marco da política económica e social e, en particular a: asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal”.
E por outra banda o artigo 36 da Lei 7/1985 sinala entre as competencias propias da Deputación a “Asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos Municipios, especialmente Ós de menor capacidade económica e de xestión”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



