O Campionato Galego de Milla en Ruta celebrábase na localidade de Sada nun día en que o tempo foi o protagonista; xa que o vento e a chuvia desluciron totalmente a proba que contaba cunha moi boa participación de atletas de tódolos clubs galegos.
Con todo, os atletas do Egovarros venceron en 3 categorías: Begoña de Arriba vencía en W60, Antonio Hernández en M65 e o seu compañeiro alcanzaba tamén o ouro en M70. A medalla de bronce foi na categoría de M65 para Fernando Ramos.
A próxima proba na que participarán os atletas do club viveirense será o próximo domingo na Coruña, no Campeonato Galego de Maratón, onde debutará a nova fichaxe do Egovarros: Susana Parguiña.