O xoves 14 de abril arrinca o V Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 1,5 euros cada unha, os clientes poderán gozar de 12 tapas diferentes nos locais participantes.
Nesta edición sorprenderannos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaXinativas mesturando texturas innovadoras, baseadas na súa maioría nos coñecementos impartidos na Masterclass que impaRTIU o Chef Héctor López fai unha semana para os asociados ao CCHV.
Os locais que participan e os seus tapas son:
– Mesón A Baiuca.- CocKtail de Primavera
– Bar La Fontana.- Ovos ao revés con xamón, gambas e caviar de tomate
– Belle Epoque.- Tournedos Belle Epoque
– Mesón Imperial.- Dolma: Pemento piquillo recheo de carne con salsa de nata
– Bar Cantábrico.- Babilla de Tenreira ás finas herbas con piñóns
– Bar La Plata.- Flan de Mexillóns
– Bar Normandy.- Rabo de Touro con puré de mazá
– Restaurante Casa Pepi.- “Chipirón enrrollao”
– O Rincón do Tronco.- Menú Nupcial: lagostino, ameixas, carne asada e sobremesa
– Mesón O Recuncho.- Merluza con salsa curry
– Asador La Quinta.- Canelóns mini de setas con confitura de boletus e crocante de xamón ibérico
– Mesón O Cambeiro.- Espárrago recheo de marisco con salsa americana
Fóra de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial aos seus clientes durante os días do concurso.
Os locais servirán tapas todos os días cun horario mínimo de 12.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 24.00 horas (a excepción do domingo que se servirán ata as 22.00 horas). En cada local participante, haberá “Tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “Tarxeta” na casila correspondente ao seu local.
Os clientes poderán votar a tapa que máis lles gustou e entrar no sorteo de 150 euros, se a tarxeta ten un mínimo de 6 selos, ou 300 euros en vales de compra, se a tarxeta ten o 100% de selos, é dicir, os 12.
O voto poderá realizarse ata o domingo 17 de abril ás 22.00 horas en calquera das urnas situadas en todos os locais participantes.
Para os locais participantes haberá 3 premios:
– Mellor tapa popular: elixido mediante as votacións dos clientes.
– Mellor presentación: elixida por un xurado alleo ao evento.
– Mellor tapa tradicional: elixida por un xurado alleo ao evento.
O xurado estará formado por Juan Manuel Paz, Técnico especialista en Hostelería; Carlos Pérez Martin, xefe de cociña do Restaurante Mis en Plas e do Rincón del Mis, formado en la Escuela de Hostelería de Foz e Conchi Carreirras Vizoso, profesora de cociña da Escuela de Hostelería de Foz.
O luns 18 de abril, a organización procederá ao reconto de votos, sorteo dos vales de compra e posterior comunicación ao agraciado e aos locais gañadores.