Foz, 6 de maio de 2016. O vindeiro domingo, 8 de maio, remata a campaña Céntimo solidario, que está a levar adiante o Centro Comercial Aberto de Foz desde o pasado 29 de abril para recoller donativos destinados á Delegación Local da Asociación Española de Loita contra o Cancro.
En total son 70 os establecementos comerciais e hostaleiros os que están a participar no Céntimo solidario. O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, fai unha chamada “a todas as persoas que estes días se acheguen á nosa vila a facer as súas compras, a comer, a tomar os viños… para que se solidaricen e deixen o seu grao de area nas huchas que atoparán nos setenta locais que se dan cita nesta campaña. Pensamos que a solidariedade sempre é necesaria, e si falamos de saúde aínda máis”.
Arte nos escaparates
Desde a directiva de o Centro Comercial de Aberto focense lembran que ata o 14 de maio segue a exposición Arte nos escaparates, que se enmarca dentro da Semana de Arte da Mariña. Varios locais comerciais acollen nos seus escaparates obras de artistas mariñáns: “aquelas persoas que os visiten deben obter o selo de oito locais no seu tríptico para así entrar no sorteo da obra dun dos autores participantes. O que teñen que facer é cubrir os seus datos e deixar a inscrición nun dos locais da campaña”. O sorteo efectuarase o 15 de maio no Cenima”.
Arte nos escaparates pódese ver en Saint Tropez, María Docampo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Chinela, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Farmacia Fátima Maañón, Estación de Servicios Foz, Kukadas, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Catorce Cero Catro, Bahía Xoguetería, 5 Lobiños, Lito Piel, Milar, Xanela agasallos e complementos, Longarela e Anduriña.