Lugo, 6 de maio do 2016. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases para arrincar a segunda edición do Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo. O responsable de Cultura na Deputación de Lugo,o nacionalista Xosé Ferreiro, presentou estas bases na tradicional rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Ferreiro avanzou que as bases do Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo sairán publicadas na vindeiras semana no BOP, e sinalou que “A aposta da Área de Cultura polas e polos profesionais do teatro na nosa provincia é clara. Cremos que é un paso adiante que debemos dar convencidos de que temos talento a esgalla, que as producións das comapañías lucenses deben ser coñecidas polo público e, tamén, convencidos de que a cultura pode e debe ser fonte de xeración de emprego digno” dixo.
O Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo contará cun orzamento de 60.000 € e desenvolverase desde o 1 de xullo ata o 30 de novembro. No mesmo poderán participar todos os grupos de teatro profesional con residencia na provincia de Lugo, que estean legalmente constituídos baixo a forma de empresa, comunidades de bens ou de asociacións culturais e que realicen tanto os ensaios como a súa actividade habitual na provincia de Lugo. Poderán inscribirse con pezas que non se estean representar xa nos circuítos doutras Deputación e deberán respectar sempre os convenios colectivos vixentes no que afecta ás contratacións.
Ferreiro explicou que “tras a experiencia piloto do ano pasado, nesta nova edición corríxense e mellóranse aspectos do Circuíto que se detectaron como necesarios”. Así, o circuíto non levará o nome Buxiganga “dadas as confusións que se detectaron no pasado ano con respecto ao circuíto afeccionado” informou Ferreiro. Así mesmo, serán os Concellos quen poderán inscribirse no Circuíto para programar “incentivando así a actividade cultural nos Concellos da nosa provincia”, podendo solicitar varias funcións e instándoos a “introducir as funcións do Circuíto Profesional de Teatro en ciclos de teatro máis amplos, levalas aos centros de ensino, centros sociais etc,” dixo.
O Delegado de Cultura informou tamén da modificación da achega da Área de Cultura da Deputación a este Circuíto, “que pasa a ser do 80% fronte ao 20% ao que terán que facer fronte os Concellos. Con isto buscamos que a cuestión económica non sexa unha excusa para non participar no Circuíto, asumindo a Área de Cultura a meirande parte do caché de cada función”, dixo Ferreiro.
Ao igual que os grupos e compañías, os concellos tamén terán un prazo de 20 días naturais a partir da publicación das bases no BOP para presentar as súas respectivas solicitudes.
Aqueles responsables de concellos, grupos ou compañías interesados en recibir máis información poden obtela chamando ao 982 260 180, escribindo ao enderezo electrónico ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org ou acudindo directamente ás oficinas da Área de Cultura da Deputación no Pazo de San Marcos.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



