Lugo, 6 de maio de 2016. Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, participou este venres nunha rolda de prensa para presentar unha nova edición do Correlingua na provincia de Lugo. No acto participou tamén Manolo Muñíz, mestre e coordinador do Correlingua en Lugo.
Esta décimosexta edición do Correlingua celébrase baixo o lema “O galego está en nós” e está organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración de moi diversos Concellos e as Áreas de Cultura das Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo.
“Desde a Área de colaboramos cun Correlingua que volverá encher as rúas de Monforte o vindeiro 9 de maio e Lugo o vindeiro 11 de maio nun berro unánime na defensa da lingua galega”, explicou Xosé Ferreiro.
O coordinador do Correlingua en Lugo, Manuel Muñiz, salientou que “participamos máis de 20 centros da comarca e arredor de 1.300 alumnos”. Así mesmo, lembrou que estes actos serven “para reivindicar a difícil situación que vive o noso idioma e son unha maneira de reflexionar sobre isto, xa que as estatísticas son moi negativas”, lamentou.
Ademais das citas de Monforte e Lugo, o pasado 5 de maio tivo lugar xa o Correlingua en Burela, “un éxito de participación que estamos seguros que se repetirá tamén en Monforte e Lugo” informou Muñiz., no Cantalingua, ou en concursos de pancartas e banda deseñada”.
Esta festa da lingua galega terá como lugar central en Monforte o Parque dos Condes, e en Lugo a Praza de Santa María, e contará con moi diversas actividades. A presentación dos actos correrá a cargo da comañía galega Talía Teatro, haberá tamén actuacións do Cantalingua e entregaranse os premios dos concursos de pancartas e animación da marcha, informaron desde a organización.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



