A Mariña, 6 de maio de 2016.- O BNG pregunta polos danos a xacementos arqueolóxicos na comarca da Mariña derivadas da construción de infraestruturas, o urbanismo descontrolado ou explotacións forestais co uso de maquinaria pesada. O parlamentario nacionalista Cosme Pombo argumentou que a Consellaría de Cultura, á vista das denuncias por danos, non cumpre coa súa obriga de protección patrimonial e a ausencia de coordinación entre diferentes consellarías para evitar os danos a xacementos na comarca mariñá.
A recente destrución do Castro do Monte da Arca en Mondoñedo evidencia incumprimentos da Consellaría de Cultura na protección do patrimonio
Para o BNG, independentemente dos datos e protocolos de actuación expostos pola Directora Xeral de Patrimonio Cultural Cultura na súa contestación, “é evidente que non se están aplicando os protocolos cando vemos denuncias sobre a destrución de 30 xacementos arqueolóxicos no norte da provincia de Lugo”, afirmaron.
Desde a formación nacionalista denuncian que “a evidencia desminte a información ofrecida pola Directora Xeral xa que no caso das plantacións de eucaliptais na comarca mariñá, ou non se vixía a actividade se fai vista gorda sobre as labores forestais mesmo sobre bens inventariados como sucedeu recentemente no Castro de Monte da Arca en Mondoñedo que aínda estando inventariado”, foi destruído.
Hai asociacións culturais que fan mais pola protección do patrimonio arqueolóxico galego que a propia Consellaría de Cultura
O BNG argumenta que outra evidencia da ausencia de control e cumprimento das súas obrigas por parte da Consellaría de Cultura demostrase no feito de que as cifras sobre denuncias por destrución de xacementos arqueolóxicos, inventariados ou non, foran realizadas por unha asociación cultural e non por quen ten a obriga de velar polo coidado e protección do patrimonio como é o caso da Consellaría de Cultura.
A formación nacionalista pidelle ao goberno galego maior rigor nas comparecencias parlamentarias
Para a portavoz comarcal, Ana Ermida, o intento de minorar a realidade evidencia que non se está facendo ben o traballo. Neste sentido afirmou que os datos ofrecidos pola Directora Xeral e reclámanlle maior rigor nas comparecencias no Parlamento xa que a cifra de 377 xacementos arqueolóxicos aos que fixo mención contrastan cos mais de 500 realmente existentes que a propia Consellaría de Cultura remitiu a outra consellaría. Na mesma liña, non é real que so existisen 17 denuncias por danos ao patrimonio nos últimos cinco anos, só nas últimas semanas Mariña Patrimonio presentou 36.
A expansión do eucalipto nitens en zonas altas pon en perigo mais xacementos arqueolóxicos
Por último, no caso das plantacións de eucaliptais o BNG preocupouse polas previsións de expansión do nítens xa que segundo a asociación Mariña Patrimonio, existen arredor de 500 xacementos arqueolóxicos no norte lugués, 250 deles en explotacións forestais e outros 250 que poderían estar afectados por mor da política expansiva prevista pola Xunta de Galiza para o eucalipto nítens.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



