Ribadeo, 9 de maio de 2016. Máis dunha trintena de participantes asisten este luns a un curso de empaquetado organizado por ACISA Ribadeo. Celébrase en dúas quendas, mañá e tarde, e está a ser impartido por Lara Blanco de Empaquentado Ando, quen resaltou a importancia desta actividade “porque o envoltorio é moitas veces o gran esquecido, cando é algo que di moito da imaxe do noso comercio”. Lara Blanco destaca que “unha persoa que non nos coñeza cando recibe un agasallo está a levarse unha imaxe, sabe se somos detallistas e se nos importa esa persoa, de aí a importancia de presentar un bonito agasallo”.
O curso ten unha duración de tres horas, divididas nunha parte teórica e noutra práctica na que os asistentes prepararon envoltorios de diferentes tamaños, utilizando papel de agasallo, lazos e outros accesorios.