Ribadeo, 6 de maio de 2016. ACISA Ribadeo asinou un convenio coa compañía eléctrica Iberdrola, grazas ao que os seus asociados poderán acollerse a descontos nas tarifas enerxéticas. O convenio asinábase na sede de ACISA Ribadeo entre o presidente desta asociación, David Martínez, e o xestor de contas de Iberdrola, Andrés Curral.
Para o presidente de ACISA Ribadeo “este é un acordo de colaboración entre ACISA Ribadeo e Iberdrola para que os nosos socios poidan beneficiarse dun desconto interesante na luz, o gas e todo o que sexa relacionado coa enerxía”. David Martínez engadía: “estamos encantados con este tipo de descontos porque todo o que sexa aforrar é moi positivo nestes tempos que corren”.
Pola súa banda o xestor de contas de Iberdrola, Andrés Curral, subliñou que “poden beneficiarse destes descontos quen sexa xa clientes nosos así como futuros novos clientes, que dispoñerán dunhas condicións especiais por pertencer á asociación”.
Curral resaltou que “sobre todo mesmo nos preocupan máis os clientes xa existentes para que poidan mellorar as súas condicións e sigan moito tempo connosco”.