A Xunta de Goberno deste venres aprobou o nomeamento dos membros da primeira Comisión Provincial de Transparencia de Galicia. Así o avanzou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que explicou que “foron elixidos democraticamente, nunha votación na que participaron os 41 Rexedores dos Concellos lugueses de todas as cores políticas, que se sumaron de xeito voluntario ao Portal de Transparencia da Deputación, que ofrecemos a todos os municipios de menos de 20.000 habitantes”.
Santos Ramos destacou que a comisión “está composta por un Alcalde dun Concello de menos de 10.000 habitantes, que resultou ser José María López Rancaño, Rexedor de Abadín; por un municipio de máis de 10.000 habitantes, que é José Tomé Roca, Alcalde de Monforte; así como polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; e dous técnicos provinciais”.
O voceiro avanzou que nos vindeiros días reunirase a comisión para avanzar no remate do Código de Bo Goberno da Deputación de Lugo, que xa está moi avanzado; elaborar o Regulamento de Participación Cidadá e Transparencia da Deputación, que será o primeiro dun organismo provincial en Galicia; e redactar a proposta de Ordenanza de Transparencia para os Concellos da provincia de Lugo.
Santos Ramos adiantou que o Portal de Transparencia da Deputación xa é o mellor espazo web destas características dunha entidade local mellor posicionado en España, así como o segundo no país, despois do do propio Goberno Central. Neste senso, remarcou que “os feitos obxectivos desmontan, unha vez máis, as críticas do Partido Popular que, estando no Goberno Provincial, se encheu de criticar esta ferramenta, amosando o seu total descoñecemento ao respecto, e a súa nula aposta pola transparencia nas administracións públicas”.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou a creación de 10 novos postos de emprego na provincia. 3 a través do Ben Empregado, que se publicarán nos vindeiros días na Bolsa de Emprego da Deputación, abrindo o prazo de solicitude. Trátanse dun consultor en redes sociais para traballar na capital lucense; un axudante de cociña en Samos e un enxeñeiro agrónomo tamén na cidade luguesa. A sesión tamén acordou a convocatoria e as bases de selección de 7 bolseiros para facer prácticas na Deputación, que nos vindeiros días se publicarán no Boletín Oficial da Provincia, abrindo o prazo de presentación de solicitudes. Os perfís que se buscan son: 2 graduados ou licenciados en Xornalismo; 1 en Comunicación Audiovisual; 1 en Dereito; 1 Técnico Superior en Secretariado; 1 Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede e 1 Técnico Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
Melloras nos Concellos
A Xunta de Goberno aprobou o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo, que é o último trámite legal para poder iniciar, de xeito inmediato, as obras de instalación de alumeado público no Piornedo. Estas actuación conta cun orzamento de case 96.000 euros (95.930,94 €), financiados pola Deputación. Os traballos consistirán na instalación de 30 luminarias de baixo consumo e intensidade, para respectar as directrices de Patrimonio, así como unha nova rede de cableado, postos de mando e dispositivos de seguridade.
Tamén acordou unha addenda ao convenio de colaboración da Deputación co Concello de Outeiro de Rei para incrementar o prazo de xustificación das obras de ampliación nas instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable. Son obras que se están a executar neste municipio, con 360.000 euros da Deputación e 62.000 do Concello. O voceiro explicou que “facemos esta modificación a petición do propio Concello, pois as condicións climatolóxicas están a variar os prazos previstos de remate das obras”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



