Ribadeo acolle a vindeira semana a agardada actuación de Álex Ubago. O sábado 28 de maio Álex Ubago ofrecerá un gran concerto acústico na nosa vila, ás 20.30 horas no Auditorio Hernán Naval. O artista vasco interpretará os temas do seu último traballo, “Mentiras sinceras” e fará tamén un repaso polos grandes éxitos da súa carreira. As entradas pódense adquirir en www.codetickets.com e en Alandrina Tours dende 15 euros.
