O alumnado do IES Vilar Ponte está de noraboa con alumnos e alumnas do centro nomeados nos concursos “Muralla de Lugo” e “Que é un rei para ti?”.
Así, no Concurso de Debuxo e Redacción “Muralla de Lugo”, no que participaron arredor de 3.000 traballos de toda Galicia, as alumnas Enma Mª Rego Eiroa quedou finalista galega e recollerá o seu premios nunha gala que se celebrará en breve en Lugo.
Respecto ao Concurso de Redacción Nacional ¿Que é un rei para ti? no que participaron varios miles de traballos en todo o país, foron seleccionados como finalistas galegos:
Daniel Bermúdez Álvarez … 1ºESO
Yin Martínez Sarmentero … 1ºESO
Esther Cabanas Pereira … 1ºESO
Óscar Riveira Otero … 1º ESO
Estes alumnos recibirán os premios o próximo 3 de xuño en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico Galego. No transcurso da devandita entrega decidirase quen representa a esta Comunidade en Madrid.