Os 4 CONCERTOS DA FRATERNIDADE, que foron presentados o pasado 4 de maio en Xove, xa están en marcha.
Unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse este sábado 7 de maio no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituir o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove o vindeiro VENRES 13 DE MAIO, a partir das 20.30 horas.
As catro agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.
Ademais do concerto de Xove, están programados:
-20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.
-18 de Novembro: Auditorio de Burela.
-25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.
Ademais das catro agrupacións musicais citadas, tamén participan na actividade os Concellos de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Área de Cultura da Vicepresidencia.