O pivote Javier García Moreno, máis coñecido como Chino, non continuará no Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. O albaceteño, que recalou na Mariña a comezos de 2015-16 con contrato dunha tempada, non chegou a un acordo co club para a súa renovación.
Chino, que chegou coa vitola de campión da Copa de España 2015 con Jaén Paraíso Interior, despídese como pichichi laranxa (21 goles), sen perder nin unha soa xornada e con 15 participacións como titular.
A entidade burelista agradece a profesionalidade e dedicación de Chino ao longo da que xa entrou na historia do club como a mellor tempada do equipo en Primeira División e deséxalle fortuna na súa nova etapa deportiva lonxe da Mariña.