No presente curso académico vén de crearse un grupo teatral no Colexio Martínez Otero de Foz. Este colectivo ten vontade de permanencia no tempo e está dirixido a todo o alumnado de secundaria que quixese participar. Neste primeiro ano de vida, a agrupación teatral conta con 15 alumnos que se estrearán, como actores e actrices, levando a escena “As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” baixo a dirección do profesor do centro, Marcos Loureiro.
A escolla da obra non é inocente posto que é da autoría de Manuel María, autor homenaxeado este 2016 co Día das Letras Galegas. Ademais, queremos seguir a reivindicar a relación do autor chairego coa vila de Foz á vez que amosamos que Manuel María era un escritor polifacético, xa que cultivou case todos os xéneros literarios.
A data de estrea da obra será o venres 27 de maio ás 12.15 horas no Salón de Actos do Colexio.