Lugo, 6 de maio de 2016.- O PSOE de Lugo celebra mañá, sábado 7 de maio, a partir das 10:30 horas no Torre de Núñez, unha xornada informativa sobre a Lei do Solo de Galicia, os Plan Xerais de Ordenación Municipal, e as novidades no seno da Federación Galega de Municipios de Provinciais (FEGAMP). Esta iniciativa enmárcase no conxunto de actividades que están a organizar os socialistas lugueses na provincia para abordar e responder ás cuestións de actualidade que afectan os cidadáns de todos os Concellos lugueses.
Deste xeito, un dos puntos a tratar será a Lei do Solo de Galicia, que vén de aprobarse no Parlamento galego. Para elo, participará o voceiro de Urbanismo, Xosé Sánchez Bugallo. Con esta normativa, redúcese de xeito significativo as proteccións en solo rústico, ao tempo que se renuncia á ordenación e protección do medio rural. Tamén establece maiores limitacións á autonomía municipal e a renuncia ao obxectivo de normalización a situación urbanística dos Concellos.
O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, como representante socialista de Lugo na dirección da FEGAMP, dará conta dos últimos acordos deste organismo. Ademais, recollerá todas as propostas que dos socialistas lucenses que desexan ser tratadas nas vindeiros reunións da Federación Galega de Municipios de Provincias.
Por último, o técnico da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), Raúl García Martínez, será o encargado de explicar o proceso de elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como a súa tramitación, pois está tendo lugar en varios Concellos da provincia, sendo un tema prioritario para todos os cidadáns sobre o que os socialistas queren manter informados aos seus veciños.