Xosé Tomás impartirá un obradoiro de banda deseñada “Coñécete a través dos cadriños” dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria este martes 10 de maio a partir das 17.15 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dunha actividade encadrada dentro das de animación á lectura que organizamos xunto coa Xunta de Galicia no programa LER CONTA MOITO. A actividade á gratuita e aberta tamén a nenos e nenas doutros municipios.
Obradoiro de banda deseñada no Vicedo