Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que Aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é ‘Pendanca e oso’, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade. O espectáculo terá lugar o xoves 12 de maio a partir das 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz por un prezo de 5 euros a entrada. Organiza o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA coa colaboración do Concello de Viveiro.
‘Pendanca e oso’ en Viveiro
‘Pendanca e oso’ en Viveiro
Relacionado
-
Alumnado do certificado profesional de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (monitor de tempo libre) aproveitan a formación teórico – práctica para interacturar cos nenos da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña
-
Deu comezo o I Campus de Verán de Natación na piscina municipal de Cervo
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Centro Cívico