Non vou principiar esta carta dicindo aquilo de “tratarei ser obxectivo”, porque seguramente non o sexa, por motivos obvios.
Deixarei a declaración de intencións previa en sincera.
É posible que moita xente non saiba como Paco Jorquera (Paco, de aquí en adiante) fíxose nacionalista, nacionalista galego. Esta é a historia.
Tería eu uns 7 anos, polo que Paco estaría nos 13, cando aproveitando a visita dunha familiar, meu pai levounos de visita á casa de Rosalía a Padrón. Lembro vagamente á muller que facía de guía. Falaba un perfecto e harmonioso galego, e con dozura ía ensinando e comentando todos os recunchos que acolleron boa parte da vida e obra da poetisa. Paco escoitaba atentamente as explicacións da boa muller, preguntaba e interesábase por saber máis.
Ao remate da visita, de esa familia de cinco castelanfalantes, un deles deixouno de ser. Paco pasouse ao galego nese mesmo intre, nin un minuto máis tarde, e nunca máis deixou de facelo.
Foi aquela ollada ao mundo de Rosalía a que ao aínda voceiro nacionalista no Hórreo, mudou o seu xeito de sentir. Eran aínda os anos setenta, e ser nacionalista era ademais dun sentimento, un acto de rebeldía. A diferenza do que sucede no presente, o nacionalismo era o golpe na mesa da xuventude que cuestionaba o establecido. Evidentemente eran outros tempos, daquela ao festival de Ortigueira íase en tren, agora en AudiA3.
Paco foi pouco a pouco meténdose nos ambientes políticos nacionalistas, facíao case ás escondidas para evitar contrariar a uns país, que como todos os que viñan de saír do franquismo, temían aínda as consecuencias dunha militancia activa.
E así lembro como meu pai, home de carácter, bateu todos os récords da época en completar o treito A Coruña-Santiago, tras escoitar na radio as intranquilizadoras novas dun 23 de febreiro de 1981.
Cando Tejero and CIA ametrallaban o teito do parlamento do estado, Paco agardaba ao seu pai na pensión santiaguesa sabedor de que este aparecería dun intre a outro para levalo consigo, e se as cousas se poñían mal, agochalo nalgunha aldea recóndita.
Afortunadamente non se tivo que chegar a iso, e ese estudante membro de ERGA acabou representando ao nacionalismo precisamente onde os inimigos acababan de aplicar a lei da forza, do medo, e do “quieto todo el mundo”.
Cos anos a vinculación de Paco co nacionalismo foi collendo peso, estivo presente na asemblea de fundación do BNG en 1982 e en todas as etapas (boas e malas) da formación dende entón.
Dentro do BNG foi asumindo protagonismo, acreditando algúns valores que hoxe non abondan: compromiso, lealdade e coherencia. Foi así como foi recollendo as encomendas que os compañeiros foron entregándolle, sempre coa máxima responsabilidade.
Responsable de organización, coordinador executivo, senador, deputado no Congreso do estado, deputado e voceiro do grupo do BNG no parlamento galego …
O traballo de Paco é valorado por todos aqueles que coincidiron con el, e ten razón cando di que moitas veces máis polos que están noutra órbita ideolóxica. Del destacan a rigorosidade e o respecto. Nunca quixo converter o parlamento nun circo, por iso a pesar da idea reinante hoxe en día de políticos “living la vida loca”, pasou horas e horas en despachos e na súa propia casa (domingos incluídos) preparando intervencións e repasando documentación.
Levou por bandeira o feito de separar o político do persoal, e froito diso son as mostras de agarimo que sempre lle brindan e fan chegar membros doutras forzas de dentro e fóra de Galiza. Eu mesmo compróboo cando en non poucas ocasións me mandan saúdos sinceros e de respecto para el.
Paco é todo o contrario do que moita xente opina dos políticos. Por ilo agora que vai dar relevo, ata sorprende que o faga de xeito tranquilo. Non é usual e ata neste intre segue amosando o seu xeito de ser. Non hai porta xiratoria, non hai protagonismo mesiánico.
Retírase da primeira liña un bo e xeneroso, un político honrado que defendeu o que cría e a quen depositou a confianza nel. Nada máis, nada menos.
Félix Jorquera


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



