A Mariña, 7 de maio de 2016.- Un xantar de confraternidade ao que están chamados simpatizantes e afiliados populares de toda A Mariña servirá como evento de peche do Congreso comarcal que terá lugar o vindeiro domingo 15 de maio, en Viveiro.
A tal efecto se emprazará unha carpa na explanada contigua ao pavillón municipal de Deportes de Viveiro, xunto aos institutos e ao cámping. Trátase dun evento que comezará entorno ás 14:30 horas, tras a finalización da cita congresual.
Todas as agrupacións locais da Mariña xa teñen dispoñibles as tarxetas (a prezo de 25 euros) para participar neste ágape que espera reunir en a un bo número de veciños da Mariña e á vez converterse nunha evento periódico e itinerante polos distintos concellos da comarca.
Horario do Congreso
Antes, desde as 10:30 horas do domingo 15 de maio afiliados e simpatizantes do PP da Mariña lucense poderán acreditarse para participar nun Congreso que comezará ás 11:00 horas co saúda do presidente anfitrión, Antonio Bouza e despois a lectura de dous manifestos centrados no presente e futuro da Mariña
Ás 11:35 horas presentarase a Candidatura ao novo Comité Executivo, encabezada polo futuro/a coordiandor comarcal e despois, ás 12:00 horas, terán lugar as votacións e o posterior escrutinio. Finalmente, desde as 12:30 horas procederase aos discursos de peche do Congreso.
De seguido, xa na explanada do pavillón polideportivo municipal (xunto ao paseo marítimo, institutos e cámping) terá lugar o I Xantar Popular do PP da Mariña.