Burela, 2 de xuño de 2016. A comisión das festas patronais de Burela anima á xente a acudir ao pobo estes días a gozar do amplo programa de actividades deseñado para a ocasión e de atraccións como a noria de grandes dimensións instalada na praza do Concello.
Na comisión de festas “estamos sorprendidos ao ver as desafortunadas declaracións del Grupo Municipal Popular, inoportunas e faltas de rigor respecto á ubicación da noria coa que a maioría do pobo de Burela está encantado e así nolo transmiten e eles o que fan con estas declaracións é dubidar que o Concello e a propia comisión tivésemos valorado a seguridade desta instalación”.
Para a comisión de festexos “esas declaracións do voceiro popular o único que queren facer é dano e neste caso non danan nin á comisión nin ao Concello, o que fan é danar a ilusión da xente, dun montón de veciños e visitantes que virán aquí para ver esta atracción”.
A comisión de festas subliña que “nin o Concello nin a comisión de festas proporían situar a noria na praza do Concello si houbese a mínima dúbida sobre a súa seguridade. Falamos co dono da noria, que leva máis de 20 anos de experiencia montando esta atracción para que analizase a situación do terreo. Iso foi o que fixo e deunos o visto bo. Tamén se falou con enxeñeiros e pensan o mesmo. Non hai ningún informe contrario a esta instalación”.
Sobre a posible colocación da noria no peirao burelés din que “colocala no porto sería o mesmo, porque non habería un informe xeotécnico do porto e estaríamos na mesma situación”. E engaden que “é falso que a comisión de festas ou o Concello aportasen cartos para que esta atracción estea en Burela. Iso é mentira e queremos deixalo ben claro”.
A comisión de festexos anima “a xente a que visite esta atracción, ten todos os papeis en regra e non ten ningún tipo de problema. O importante e que se acheguen a Burela e gocen do moito que lles temos preparado para estes días”.