Lugo, 14 de xuño de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu no Salón de Plenos da Deputación Provincial xunto co Voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, o voceiro do PSdeG-PSOE, Álvaro Santos, e o Deputado do PP, José Pardo, ao recentemente campión da Liga de Fútbol Sala de Primeira División, ao Burela Fútbol Sala Feminino.
O Burela Fútbol Sala Feminino obtivo esta tempada 2.015/ 2.016 o seu segundo título na Liga de Primeira División logo do alcanzado no ano 2.013, é o único club de todo o Estado que conta con equipas tanto femininas coma masculinas na máxima categoría do fútbol sala.
O acto presidido polo Deputado Delegado da Área de Deporte, Antonio Veiga e o presidente do CD Burela Fútbol Sala, Rubén Blanco serviu, en palabras do Vicepresidente, “para valorar o enorme esforzo que realizaron as xogadoras durante toda a tempada e tamén para por en valor o título conseguido para a Burela e para a provincia de Lugo, porque sen dúbida, son unhas magníficas embaixadoras de Lugo e máis concretamente da Mariña” e quixo expresar tamén “o apoio que a Deputación de Lugo continuará ofrendo ao Burela Fútbol Sala Feminino así coma as restantes equipas que aposten polo deporte feminino, porque sen dúbida queda moito traballo por facer para por en valor e promocionara igualdade na elite do deporte.
O presidente do CD Burela F.S. destacou “a inmensa alegría que leva producido e produce a equipa feminina do club e que a bo seguro seguirán dando, instou así mesmo as demais administracións a que apoien o deporte feminino”. Por último, a capitá da equipa sinalou o “ difícil que segue a ser para as mulleres que se recoñezan os seus esforzos no deporte de alta competición”, “aínda queda moito camiño por percorrer na promoción e igualdade no mundo do deporte” finalizou a xogadora do CD Burela F.S.
As xogadoras xunto co corpo técnico e presidente do club asinaronao finalizar o acto no Libro de Ouro da Deputación de Lugo co fin de Parabenizar a institución o apoio prestado e para que perdure no tempo o recoñecemento da fazaña deportiva conquistada.