Foz, 14 de xuño de 2016.- O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, participou na noite deste martes nun mitin en Foz xunto coa presidenta da xestora do PSdeG e candidata ao Congreso Pilar Cancela e o número 1 ao Senado pola provincia de Lugo, Ricardo Varela. “O cambio somos nós, somos a única garantía e os cidadáns sábeno”, proclamou o socialista, quen afirmou que a xente que viu o debate deste luns ten claro este martes que “só houbo un presidente”, Pedro Sánchez, que é ademáis “o único presidente posible para que Galicia despegue”.
“Xa comprobamos a importancia que lle deu Rajoy a Galicia durante o seu mandato”, dixo Leiceaga, mentres Pablo Iglesias “ignora” Galicia, que para el só significa “un número de votos”. Pilar Cancela lembrou que o PP “meteu a man na caixa das pensións e non a vai sacar; para garantir as pensións hai que sacalos a eles do goberno”. En referencia a Foz, Cancela censurou “a falta de apoio ao turismo” e afirmou que “non pode ser que un país tan fermoso coma o noso sexa coñecido a estas alturas polos tópicos que non somos e non polas belezas que si temos”.
Pola súa banda, o candidato ao Senado, Ricardo Varela, cualificou a Feijóo de “caradura” logo de anunciar que vai facer máis competitivas as explotacións gandeiras de Galicia. Varela dixo que a xestión do PP sobre o rural galego “é nefasta”. “Primeiro afundiu ao gandeiros na miseria e agora en campaña electoral lémbrase deles”, criticou.
Varela comprometeuse ademais a que se o PSOE goberna España impulsará o corredor da Costa. “O PP coloca as máquinas cada vez que chega a campaña”, e denunciou que esta infraestructura leva paralizada moitos anos. O candidato ao Senado advertiu tamén de que “os que pediron o voto para o cambio utilizárono para impedilo. Os que pediron o voto para os socialistas de corazón, votaron en contra dun socialista de corazón”. Por iso emprazou aos votantes socialistas a que voten ao PSOE, e non a sucedáneos.
A voceira socialista de Foz e Candidata ao Congreso, María Ángeles Veiga, remarcou que “o PSOE é o único partido que pode cambiar as cousas neste país, o único que pode recuperar o Estado do Benestar que nós, os socialistas, fomos capaces de instaurar no país, e que a dereita se ocupou de desmantelar. Somos os mellores gobernando por e para a cidadanía, pensando, sempre, nas persoas. Demostrámolo. Ao igual que outros demostran día a día cales son as súas políticas, as dos recortes, as clientelares e caciquís. Un claro exemplo disto, o Goberno do PP en Foz”, apuntou.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



