Estrasburgo, 8 de xuño de 2016.- Na mañá deste mércores procedeuse á aprobación en sesión plenaria do Parlamento Europeo da resolución conxunta Alteradores endócrinos: estado da cuestión tras a sentenza do Tribunal de Xustiza de 16 de decembro de 2015, co obxectivo de recriminar á Comisión Europea a súa neglixente inoperancia en relación a un dos factores que actualmente máis están a afectar á saúde pública no territorio comunitario: as substancias químicas que actúan como disruptores endócrinos.
Estes alteradores hormonais, son responsábeis da alta incidencia nos países industrializados de enfermidades do sistema reprodutor (infertilidade, malformacións, pubertade precoz, etc.), cancro (nomeadamente de ovarios, mama, próstata ou tiroides), enfermidades neurolóxicas (déficits cognitivos ou de conducta), neuroinmunolóxicas (síndrome de fatiga crónica, fibromialxia ou esclerose múltipla) e metabólicas (síndrome metabólico, obesidade, diabetes).
Ditas doenzas, se ben adoitan visibilizarse na idade adulta, están significativamente vinculadas á exposición, especialmente durante o desenvolvemento embrionario e fetal, a contaminantes presentes tanto no medioambiente (herbicidas como o glifosato, praguicidas, biocidas, fungicidas), como no aire dos fogares (disolventes, aparatos eléctricos, pinturas, lacas ), auga e alimentos (tanto polos envases como polos restos de substancias químicas) ou artigos de consumo (plásticos, deterxentes, produtos cosméticos, xoguetes con textura flexíbel, mordedores infantís, roupa, material clínico). A día de hoxe téñense identificado máis de 1.500 substancias na UE capaces de provocar graves alteracións do sistema endócrino.
No marco da III Conferencia Internacional sobre o Enfoque Estratéxico para a Xestión Internacional de Produtos Químicos (Nairobi,2012), representantes de 120 países e da industria, así como organizacións sociais, concluíron que os alteradores hormonais constitúen un asunto político global emerxente. Mesmo a Organización Mundial da Saúde (OMS), malia a estar fortemente influenciada polos lobbies da industria química, asume que máis do 25% da morbilidade humana mundial está relacionada a factores mediambientais evitábeis, como a exposición aos produtos químicos que alteran o sistema endócrino.
Sen embargo, pese a ser totalmente consciente desta situación, a Comisión Europea leva anos dilatando a adopción de actos delegados para desenvolver medidas para o control destas substancias.
De feito, a CE obcécase en non regular contra estas substancias mesmo incumprindo o Regulamento (UE) n.º 528 do ano 2012, que sinala especificamente no Artigo 5.3 que a Comisión tiña a obriga de adoptar, a máis tardar en decembro de 2013, actos delegados que incorporaran os criterios científicos elaborados polo Grupo Consultivo de Expertos en Alteradores Endócrinos que estivo traballando por orde da Comisión entre os anos 2010 e 2013.
Á vista da negativa da CE a aplicar controis sobre estas sustancias que atentan contra a saúde pública, o Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) sentenciou en decembro de 2015 (Asunto T-521/14), que a Comisión vulnerou o Dereito da Unión, infrinxindo o Artigo 266 do propio Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).
“Resulta grotesco que a Comisión Europea argumente, como fixo o Comisario Andriukaitis en febreiro deste ano no PE, que non vai protexer a saúde da poboación até garantir antes que esa decisión non afectará aos intereses de grandes multinacionais que producen e comercializan substancias alteradoras endocrinas, como Monsanto, Walmart, Nike, P&G, Johnson&Johnson ou Inditex”, valorou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, hoxe dende a sesión plenaria en Estrasburgo (Francia). “É arrepiante constatar cada día que as institucións europeas están financiadas cos cartos públicos para garantir os intereses das empresas privadas; sen importarlles o máis mínimo a saúde de todas e todos nós, e moito menos as repercusións económicas nos sistemas sanitarios dos países membro”.
Á vista da posición da Comisión Europea, “o camiño máis efectivo para acadar a concienciación con respecto a este problema, así como para conseguir que as empresas sintan presión e modifiquen a composición nociva dos seus produtos, segue a ser a mobilización”, apuntou Senra. Campañas de presión social teñen acadado até o momento o compromiso de algunhas destas empresas de eliminar a presenza de disruptores endocrinos nos seus produtos antes do ano 2020.
A nivel institucional, dende AGEe esiximos que a Comisión fixe xa os actos delegados aos que está obrigada. Ademais, “cómpre aplicar inmediatamente o principio de precaución e adoptar medidas urxentes para eliminar a exposición constante da poboación a substancias que alteran o nosos sistema endocrino, é dicir, o noso sistema nervioso e inmunitario, responsábel de funcións vitais como a estabilidade interna do organismo, regular o crecemento ou a reprodución. A protección ten que ser ademais exhaustiva para nenos, nenas, mulleres en idade reproductiva, embarazadas e lactantes”, esixiu a eurodeputada galega.

















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



