Bruxelas, 3 de xuño de 2016.- Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) vén de rexistrar a través da eurodeputada Lídia Senra unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea co obxectivo de poñer en coñecemento da Unión Europea “a intolerábel desfachatez ca que o Goberno en funcións do PP está a xogar ca vida das persoas que habitan en Ferrolterra e a súa contorna”.
A planta de gas natural licuado de Reganosa (Mugardos, Ferrolterra) caracterízase por estar situada nunha ubicación que fai gala dunha neglixencia paradigmática: a menos de 200m do centro urbano de Meha, a 800m dun arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico.
Actualmente Reganosa almacena preto de 300.000m³ de combustíbel e produtos químicos. Segundo datos achegados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, se houbera algún accidente, este superaría en 85.000 veces a potencia da explosión máis forte das acontecidas en Tianjin (China) en agosto do ano pasado.
Finalmente o propio Tribunal Supreno confirmou a anulación da autorización administrativa desta planta química o pasado mes de abril, mais o Goberno en funcións decidiu fai uns días permitir a súa continuidade excluíndo a avaliación de impacto ambiental. “Que tipo de intereses pode ter o PP para non dubidar mesmo en saltarse unha sentenza xudicial con tal de manter en funcionamento esta perigosísima instalación?”, reflexiona Senra.
Para concretar ademais até que punto é posíbel que un Consello de Ministros/as en funcións tome unha decisión deste calado, preguntamos directamente á Comisión se considera que este Goberno está autorizado para tal pronunciamento, ao tempo solicitamos a súa valoración sobre o posíbel incumprimento da Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación dos efectos de determinados proxectos públicos e privados no medioambiente.
Aliás, a través da pregunta rexistrada queremos tamén subliñar o propio desleixo da Comisión Europea, quen en resposta a preguntas anteriores sobre as condicións de seguranza (E-013096/2015, E-007654/2014 ou E-007886/2013), afirmaba non ter probas de que a construcción e funcionamento desta planta infrinxira a lexislación ambiental da Unión Europea, como así estaba sendo denunciado reiteradamente por organizacións sociais. “Tan só uns meses máis tarde da última pregunta rexistrada por AGEe ao respecto, esta alarma diante dun potencial risco para a cidadanía foi finalmente confirmada polo Tribunal Supremo. Deberíalles caer a cara de vergoña”, criticou con dureza a eurodeputada galega.
Cómpre lembrar que esta manida estratexia da Comisión, na que pretende facer valer a ignorancia como argumento nas respostas ás preguntas parlamentarias, foi tamén criticada directamente por AGEe nunha pregunta parlamentaria específicamente centrada nesta eiva por parte das institucións europeas.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



