Xove, 11 de xuño de 2016.- A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, afirmou este sábado nun encontro con militantes en Xove, que o emprego será a prioridade absoluta nesta nova lexislatura.
A dirixente popular dixo que tras superar o período máis complicado da crise, grazas ao esforzo dos cidadáns e á xestión eficaz impulsada polos gobernos do Partido Popular, agora hai que asumir o reto de xerar oportunidades laborais de calidade e estables.
Candia destacou os bos datos de emprego rexistrados no último mes de xullo pero lembrou que aínda hai 4.461 parados nesta comarca. “Todas as políticas que puxemos en marcha e que seguen aplicándose neste país non teñen máis obxectivo que os que non poden traballar poidan facelo no futuro”.
Neste sentido a líder dos populares en Lugo lembrou que só no último mes na Mariña lucense creáronse máis de 200 empregos e que o nivel de paro rexistrado se estabilizou en cifras similares ás do inicio da última década. “Seguiremos aplicando políticas con sensatez e sentido común para conseguilo”.
Entre as medidas dirIxidas a este obxectivo Candia puxo en valor dous compromisos adquiridos polo PP de cara á vindeira lexislatura como son a extensión da tarifa plana de autónomos e dos que inicien un negocio, de tal xeito que pagarán só 50 euros ao mes durante o primeiro ano ou o feito de que durante 4 anos, estarán exentos os primeiros 500 euros de cotización dos novos contratos indefinidos e dos temporais que se convertan en fixos.
E sendo Xove a localidade que acolleu este encontro con veciños, foi inevitable a referencia á situación pola que pasa Alcoa. A presidencia provincial agradeceu o compromiso do conselleiro de Economía e da Xunta en xeral por estar vixiantes ante a evolución dos acontecementos e sinalou que unha das liñas vermellas irrenuciables para o PP será o mantemento do proxecto empresarial e dos postos de traballo vinculados á multinacional do aluminio.
Durante a súa intervención, Candia tamén quixo deixar claro a súa loita polos postos de traballo. “O Grupo Popular non fai política cos postos de traballo en ningunha circunstancia”. Que a todos lles quede claro: o PP sempre loitará polos postos de traballo e é o PP o que os xenera e nas nosas prioridades está que todos os postos de traballo do sector primario queden garantidos no futuro”.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



