Os traballadores da Empresa Mayco (Grupo Bidueiros) Auxiliares de ALCOA no departamento de Fundición informan que “a dirección da empresa aceptou iniciar a constitución da mesa negociadora do convenio de empresa este mércores 1 de xuño á última hora da tarde”.
A empresa aporta unha proposta e os traballadores as súas consensuadas nas asembleas celebradas o 23 de marzo, 4 de
maio e este mesmo xoves 2 de xuño. Nesta última xuntanza, os traballadores decidiron “desconvocar as manifestacións e paros que iamos desenvolver este 2 e 3 de xuño”.
O delegado de persoal, Miguel Díaz, agarda que “as negociacións leven a bo porto en aras dun bo clima laboral”.