Burela, 2 de xuño de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, rexeita as críticas do voceiro popular, José María González Barcia, sobre a noria instalada na praza do Concello. O rexedor acusa ao portavoz municipal do PP de actuar con maldade e de querer crear mal ambiente entre os veciños e asegura que a instalación da noria cumpre todos os requisitos de seguridade.
Para Alfredo Llano “unha das circunstancias que está chamando moitísimo a atención das nosas festas patronais é a noria que está instalada aquí na praza do Concello. Fíxose aquí para darlle unha singularidade ás festas, para facer unha chamada de atención cun atractivo como é unha noria xigante, que é das máis grandes que hai en Europa hoxe. Puxémola aquí para que todo o mundo tivese a oportunidade de gozar das vistas que desde aquí se contemplan e facer unha cousa novidosa”.
O rexedor dixo que “hai unha serie de críticas que di o señor Barcia, digo e digo ben que di o señor Barcia, non é que o diga o grupo municipal do Partido Popular. O señor Barcia a través das siglas do Partido Popular da a entender e maniféstase tal e como é el persoalmente con tal de crear malestar, de atacar, amosando explicitamente a súa maldade. Non está para beneficiar o bo ambiente dos veciños senón para crear un mal ambiente, crear preocupación”.
O alcalde de Burela declarou que “el que nunca fixo absolutamente nada, nin deu un so permiso de instalación de festas, de comprobación xeotécnica no porto nin noutro sitio. Nunca xamais fixo nada. El non é exemplo de nada e ponse a criticar ademais de mala maneira se a localización da noria ten ou non todos os permisos. En vez de vir aquí e contrastar e ver que exactamente cumpre todos os requisitos, dedícase a xerar mal ambiente nos veciños. Mandou á prensa unha nota que é ridícula, penosa e deixa moi ás claras quen é este señor”.
Alfredo Llano subliñou que “esta noria está perfectamente asegurada. O chan ademais foi moi contrastado, sábese perfectamente como está constituído o chan onde está soportando as 150 toneladas desta noria, sábese a presión que está exercendo por centímetro cadrado, sabemos perfectamente que aínda aguantaría tres veces máis de presión a praza do Concello. Ninguén que sexa responsable como son os xefes desta noria, pode montar algo sabendo que hai algunha dúbida. Aquí non hai dúbida ningunha. Fanse as cousas con rigor, con coñecemento e con toda seguridade. Hai un xefe de seguridade que está verificando constantemente todo. ¿Como se poden facer estas manifestacións tan tristes solo co fin de xerar dúbidas e de molestar?. Di quen é este señor e porque razón está no sitio onde está”.
Finalmente o alcalde burelés animou “a toda a xente a que participe en todos os acontecementos que estes días se van facer, que se queren ver Burela desde arriba poden velo perfectamente dando unha voltiña na noria que non hai ningún problema. Se o señor Barcia quere comprobar a seguridade da noria que veña que o invito eu, págolle unha volta para que vexa que aquí non hai nada preocupante. Iso é o que debera facer el, animar á xente a participar nas festas, animar á xente a participar en todo o que se está a facer este ano con moitísimo sacrificio, con moito interese e traballo detrás, e se deixe de andar dicindo bobadas porque é practicamente o único que sabe facer ultimamente”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



