Burela, 20 de xuño de 2016.– Co fin de curso escolar remata a temporada de TaiJitsu infantil no Dojo de Burela. As nenas e nenos puideron pasar o ano adestrando, esforzándose, divertíndose, e aprendendo a respetarse a si mesmos e aos seus compañeiros, valores que neste tipo de deportes tenden a ser a base da súa práctica.
Deportivamente o ano foi próspero, do Dojo de Burela saíron no campionato de Galicia distintos campións e coparon o podio en moitas categorías, na categoría alevín 1º, 2º e 3º, en infantil 1º, 2º e 3º, cadete 1º, adulto ata azul 1º e 2º, adultos a partir de cinto marrón 1º, 2º e 3º. Resultados grazas ao esforzo do traballo realizado, a realidade é que cando a un le gusta o que fai, é máis sinxelo conseguir facelo ben. Desde a Asociación de Artes Marciais Orientales A Mariña e dos miembros que a compoñen foi do máis gratificante traballar con estas mini xoias da arte marcial, xa que non hai nada como ver o interés que lle poñen e a graza que teñen. O curso que viene volveranse retomar as clases e volverase ser a pequena piña que se forman nas Artes Marciais onde todos somos iguais, seguirán adestrando, esforzándose, divertíndose y aprendendo.