A Mariña, 2 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participará este venres no encontro que os populares da Mariña teñen previsto celebrar con alcaldes, concelleiros, interventores e simpatizantes.
Na cita tamén estará presente a presidenta provincial dos populares lucenses, Elena Candia, o cabeza de lista ao Congreso dos deputados, Joaquín García Díez, e o coordinador comarcal, José Manuel Balseiro, ademais dos candidatos da zona.
Desde a dirección provincial explican que o encontro pretende ser unha primeira toma de contacto cos populares da Mariña neste período preelectoral e servir para intercambiar iniciativas e impresións sobre cuestións de actualidade e sobre o programa dos populares.
O obxectivo de partida co que o PP afronta as próximas eleccións é o de referendar a confianza maioritaria que os veciños desta comarca xa depositaron o pasado mes de decembro e incluso ampliar apoios, coa finalidade de que dous veciños desta comarca, Jaime de Olano e Mercedes González Alonso poidan acceder ao Congreso dos Deputados.
O PP pon en valor a estabilidade e certeza do seu proxecto fronte a falta de concreación, liortas internas e conflitos continuos que protagonizan os partidos da oposición que non teñen un proxecto claro nin de país, nin para a nosa comarca.