Ribadeo, 4 de xullo de 2016. A Concellaría de Servizos Sociosanitarios e a asociación Aseduc organizan este martes, 5 de xullo, unha nova actividade informativa sobre o VIH Sida, que se inclúe no programa Infórmate…perde o medo.
Estará instalado na Praza de España un stand informativo sobre o VIH Sida para que as persoas que queiran achegarse a coñecer máis sobre o tema ou recoller material informativo poidan facelo. Tamén disporán da guía que se presentou hai uns días en Ribadeo.
O stand permanecerá aberto entre as 11.00 e as 14.00 horas. Pode obterse máis información na oficina do Programa de Prevención de Drogodependencias, situada no Auditorio Municipal de Ribadeo, na páxina de facebook www.facebook.com/AdiccionsZeroRibadeo, ou no teléfono 982 120 808.