Foz, 4 de xullo de 2016. A programación cultural para este mes de xullo en Foz continúa esta semana coa celebración dun curso de piano e varios concertos.
Este luns dá comezo un curso de técnica e interpretación de piano impartido por Elisa Rapado. Este curso rematará este martes 5 de xullo. Para a vindeira semana está prevista a celebración dun curso de técnica e interpretación de guitarra, que correrá a cargo de Fernando Pérez. Esta actividade dará comezo o luns, 11 de xullo, e prolongarase durante os días 12 e 13 de xullo. O prezo de inscrición nestes cursos é de 25 euros e os interesad@s poden obter máis información na Escola de Música de Foz.
Na programación cultural para esta semana en Foz figuran ademais dous concertos. O primeiro deles será o venres, día 8, e correrá a cargo da Rondalla Latexos. Comezará ás 21:00 horas no parque Rosalía de Castro e está incluído na XI edición de Sons na Rúa, que xa deu comezo o pasado venres.
O segundo concerto programado para esta semana terá lugar o sábado, día 9, co que continuará o festival Vrao que tamén xa comezou o pasado sábado. Organizado por Ó! Cultural será entre ás 21:00 horas e as 2:00 da madrugada na Praza do Conde Fontao. Actuarán Peña, Musel, Pablo Seijas, Dois e Linda Guilala.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



