O Praias de Barreiros segue a confeccionar a súa plantilla. Despois de Aitor e David, chega a quenda do ribadense Jacobo, un xogador experimentado que medrou no fútbol sala asturiano.
Despois de 3 temporadas co Boal F.S. pasaba un ano no Ribadeo F.S. para sumar despois 4 tempadas no Franco F.S.
O ala-cierre ribadense destaca pola súa faceta defensiva, a súa intensidade e esforzo polo equipo que é innegociable.
Manuel Fuente foi o encargado de darlle a benvida á casa barreirense.