O PP lucense condena que “o PSOE lucense sexa o portavoz da discriminación de Sánchez á nosa provincia” e que “o propio alcalde de Lugo estea encantado, a pesar de que a cidade queda excluída da alta velocidade por decisión do Goberno de Sánchez”
Lugo, 29 de xullo de 2025. O PP condena que “o PSOE lucense sexa o portavoz da discriminación do Goberno de Sánchez á nosa provincia” toda vez que “está esquecida en materia de infraestruturas viarias e ferroviarias. Lugo é a única provincia do entorno excluída da alta velocidade e que sofre constantes recortes de servizos” tanto no tren como nas paradas das liñas de bus estatais. E todo isto “co consentimento do PSOE lucense, os seus representantes no Congreso e no Senado e o propio alcalde de Lugo, Miguel Fernández”.
O PP lucense cre que é “curioso que o alcalde de Lugo estea na foto apoiando a discriminación de Sánchez á cidade de Lugo cando o alcalde de Monforte e secretario xeral do PSOE lucense, José Tomé, non estaba. Quizás porque non quere falar dos informes da UCO que afectan á provincia e que citan a Monforte”, subliñan os populares. “O máximo representante do PSOE lucense non quere falar da corrupción que rodea a Sánchez, ao seu Goberno e á dirección do PSOE estes últimos anos e co Fiscal General procesado polo Supremo por un presunto delito de revelación de segredos”. Polo tanto, “entendemos que o señor Mogo non queira falar da corrupción do seu partido” porque “é un papelón”.
O deputado lucense Francisco Conde, en nome dos representantes populares no Congreso e no Senado, defende que “fronte a un PSOE de mínimos, o PP é un partido de máximos” porque “fronte aos que defenden o mínimo para Galicia, o PP aspira ao máximo. E, entre Feijóo e Sánchez, os galegos e os lucenses xa sabemos o que pensamos a maioría”.
“Todos os veciños da provincia de Lugo somos conscientes do abandono do Goberno en materia de infraestruturas”. Así o subliña o deputado popular lembrando, por exemplo “os constantes incidentes” na liña entre Ourense e Lugo e, sobre todo, “a renuncia do Goberno de Sánchez ás variantes ferroviarias que permitirían a chegada da alta velocidade á provincia e á cidade de Lugo. As obras de electrificación sen a mellora do trazado e as variantes proxectadas polo Goberno do PP nos Peares-Canabal e Rubián non permitirán reducir significativamente os tempos da viaxe”, explica.
Así mesmo, indica que “as autovías da Mariña, Lugo-Ourense e Ponferrada-Ourense pasando polas comarcas de Quiroga e Lemos están paradas” e fai referencia ao “deficiente” mantemento das estradas da provincia que “son un perigo permanente para a seguridade viaria” e “limitan a accesibilidade e a competitividade no noso territorio”.
Outra “discriminación” do Goberno de Sánchez aos galegos e aos lucenses é o FEVE: “mentres que cántabros e asturianos viaxan gratis, aquí temos que pagar por un servizo deficitario da liña de ancho métrico entre Ribadeo e Ferrol”.
En relación ás paradas da liña de autobús estatal, os populares agardan que “o PSOE sexa capaz de manter a súa palabra para o Goberno de Sánchez manteña as paradas nas liñas da súa competencia”. Así, o deputado popular lembra que “o PSOE e o Ministerio de Transportes terán en setembro a oportunidade de admitir as emendas do PP á Ley de Movilidad Sostenible para manter as paradas nos concellos lucenses con servizo de bus estatal. Por agora é unha nova declaración de intencións. Comprobaremos en setembro no Congreso se volverán cambiar de opinión”.
UN PP REIVINDICATIVO, UN PSOE CÓMPLICE E UN BNG IRRELEVANTE
Conde defendeu que “os deputados e senadores deixamos constancia no Congreso e no Senado de todas estas limitacións en materia de infraestruturas” e “comprobamos con tristura que o Goberno de Sánchez non fai nada”. E, aínda así, “o alcalde de Lugo asegura sentirse encantado a pesar de que Lugo queda fóra da alta velocidade”.
“É curioso tamén que o partido socio do seu goberno, o BNG, reclama o mesmo día melloras para a N-VI evidenciando non só a discrepancia entre os socios do goberno municipal, senón tamén a falta de peso dos nacionalistas en Madrid e que, polo tanto, o seu apoio a Sánchez foi a cambio de nada”, subliñan os populares.
CUPO INDEPENDENTISTA PARA CATALUÑA
“A defensa do cupo independentista para Cataluña é a proba absoluta da submisión a Sánchez dun PSdeG que non levanta cabeza”, indica. “As últimas enquisas déixano nunha posición vergoñenta: seguen baixando sobre o peor resultado da súa historia. É o custo de ser os portavoces de Sánchez”, considera.




















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



