A alcaldesa, Ana María López, mantivo unha reunión co vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, na que se selou o acordo
Cariño, 29 de xullo, 2025. A alcaldesa de Cariño, Ana María López, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para levar a cabo as obras de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal. O acordo contempla un investimento total próximo aos 240.000 euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello o 20% restante.
O proxecto permitirá recuperar un espazo crave para a actividade deportiva, educativa e comunitaria da localidade, pechado desde hai case dous anos debido a importantes deficiencias estruturais herdadas de xestións anteriores. As obras comezarán nos próximos meses e incluirán a reparación da cuberta e da pista deportiva, afectadas por filtracións de auga, a substitución de portas e a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente.
Segundo explica a alcaldesa, Ana María López, “hoy es un día importante para Cariño. Este pabellón ha sido siempre un punto de encuentro para nuestros vecinos y vecinas, un lugar donde convivían el deporte, la educación y la vida social. Recuperarlo era una prioridad y una necesidad desde el primer día de este gobierno, y gracias a este acuerdo con la Xunta, por fin será una realidad”, sinalou a alcaldesa Ana María López trala sinatura.
A rexedora tamén quixo poñer en valor a colaboración entre administracións: “Quiero agradecer al conselleiro Diego Calvo y a la Xunta su disposición al diálogo y su compromiso con Cariño desde el primer día. Esta inversión no solo mejora una infraestructura, sino que recupera un espacio esencial para nuestro municipio”.
Con esta actuación, aténdese unha demanda histórica da veciñanza e avánzase na mellora das dotacións públicas do municipio, conseguindo un dos grandes obxectivos do executivo local liderado por Ana María López desde a súa chegada á Casa do Concello nas pasadas eleccións de 2023.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



