O martes 12 de xullo celébrase na praza do náufrago de Celeiro ás 20.30 horas a misa anual por tódolos facelidos no mar, lembrando a data do acontecemento da galerna do ano 1961 na que se afundiron 3 embarcacións do porto de Celeiro: o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela e o Santa Lucía con base en Espasante cun balance de trinta vítimas mortais dos cales vintenove desapareceron no Cantábrico. Dende o ano 1995 data en que se inaugurou a praza en memoria das xentes do mar, a comisión pro-monumento ao náufrago organiza este acto. Será cantada polo grupo Sons de Celeiro.
Misa polos náufragos en Celeiro
Misa polos náufragos en Celeiro
Relacionado
-
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou este domingo en Celeiro nos actos centrais das Festas patronais e do mar celebrados na honra á Virxe do Carme
-
O Concello de Cervo felicita a Marcos Fernández e Vanesa Vizoso, gañadores da proba absoluta do Trail Sargadelos 2025, celebrada esta fin de semana
-
Daniel García participou na entrega de premios da LXIII Travesía Ría de Foz, celebrada este sábado