Cervo, 11 de xullo de 2016. O programa de actividades por nenos e nenas maiores de 8 anos e rapaces denominado Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo, empeza hoxe e desenvolverase ata o 19 de agosto. Foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o coordinador das actividades, Iván García.
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, explicou que “un ano máis o Concello de Cervo aposta polo deporte e actividades de verán para os nosos mozos e mozas. Despois destes últimos anos, nos que as actividades de verán denominadas Noites Alternativas foron un éxito de participación, volta a organizar actividades gratuítas para os nosos nenos e mozos durante os meses de xullo e agosto, que se desevolverán en San Ciprián e Cervo. Darán comezo hoxe, día 11 de xullo, para rematar alá polo 19 de agosto. Máis dun mes cheo de diferentes actividades para os xóvenes do noso concello e todos aqueles que se queiran achegar ao municipio a gozar destas actividades, todas elas gratuítas”.
Soto especificou que “o programa comezará hoxe en San Ciprián co Día do Patín, continuando ó día seguinte cunha noite de orientación, que serve ademais de para divertirse para que os participantes coñezan algo máis o noso pobo; o día 13 teremos xogos e actividades en Cervo, continuando rutas de kaiaks, volei praia, fútbol praia, fútbol sala 3×3, baloncesto 3×3 e un campionato de pádel que se celebrará nas novas pistas que fixo o Concello nas instalacións deportivas da Veiga. Todas as actividades serán de carácter gratuíto e terán como escenario San Ciprián, Cervo, a praia do Torno, a Praza dos Campos e as pistas de pádel, no complexo deportivo de A Veiga. As inscricións poderán realizarse antes de comezar cada unha das actividades no lugar de celebración das mesmas”.
O concelleiro de Deportes rematou comentando que “o obxectivo do Concello de Cervo e seguir a traballar polo benestar non só dos mozos do noso concello senón tamén de todos aqueles que se queiran acercar ó municipio a gozar destas actividades”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



