Barreiros, 28 de xullo de 2016. O Bloque Nacionalista Galego solicitou no pleno do pasado martes, entre outra documentación, dúas facturas que foron pagadas no primeiro semestre deste ano a unha tenda adicada á venda de caramelos e detalles de agasallo para cerimonias. “Chamáronnos a atención estas facturas polo seu elevado importe e polo concepto dunha delas”, explica a portavoz municipal, Ana Ermida.
As facturas suman un total de 5.065,06€ divididos nunha de 3.660,25€ da que non aparecía o concepto e outra de 1.404,81€ co concepto “caramelos”. “Queremos saber exactamente a que corresponden esas facturas e en que se gastou ese diñeiro”, afirman, “porque se gastar 5.000€ en caramelos sempre sería un derroche, facelo coa situación económica que ten este concello é, ademais, unha absoluta irresponsabilidade.”
Para o grupo municipal do BNG esta “é unha mostra máis do tipo de xestión que fai o Partido Popular en Barreiros, deixando o concello en práctica bancarrota e gastando o diñeiro que ten a base dos impostos das veciñas e veciños en nimiedades, mentras están desatendidas cuestións fundamentais”, afirman.
Como exemplo, a portavoz nacionalista sinala unha cuestión tan importante como garantir que as zodiacs de salvamento poidan estar operativas en calquera momento, para o que habería que dotalas dun novo punto de amarre. Sobre esta cuestión preguntaron tamén nese pleno, ao que se contestou que estaba pendente de solucionar un permiso e tamén a financiación dunha pequena obra que habería que facer. “Non sabemos o importe desa obra, pero desde logo que se se trata de garantir a seguridade nas praias debe ser unha obra prioritariai. E tería máis sentido destinar 5.000€ a iso que a caramelos, que seguro que non é precisa semellante cantidade”, afirman.
Desde o BNG lamentan que, ante as preguntas realizadas no pleno polo seu grupo, o goberno municipal –nen alcaldía nen concellería de medioambiente- foran capaces de poñer nen unha solución nen un compromiso para ningún dos problemas que se están detectando, como os vertidos da depuradora de Reinante á praia de Arealonga.
“Con esta actitude queda patente que non existe unha planificación dos traballos nen dos gastos, que as cousas se fan a golpe de ocurrencia e que nen tan sequera cando existe un problema se pon a máxima celeridade para solucionalo. Estamos asistindo a unha total inoperancia e deixadez de funcións por parte do goberno municipal”, afirman desde o BNG.
A perda do concurso de castelos na area, outra mostra de incapacidade.
O BNG tamén amosa o seu descontento e a súa indignación polo papel do goberno municipal a respecto do concurso de castelos na area que cada 25 de xullo se celebraba na praia de Arealonga, en Reinante.. “Era un referente turístico máis que atraía a visitantes que viñan cada 25 de xullo para presenciar as obras de arte que se facían nesa praia e que sempre estivo perfectamente organizado por un particular que adicaba o seu tempo e esforzo a situar cada verán a Barreiros no mapa turístico”, expoñen desde a formación nacionalista.
“Este ano que o Concello sabía que ía ter que organizalo porque xa fora advertido o verán pasado, houbo tal pasotismo e tal deixadez que quedou sen organizar. Ou iso, ou se deixou de organizar por incapacidade, o cal tería, se cabe, máis gravidade”, explica Ana Ermida. “É un suma e sigue na inoperancia deste goberno municipal e tamén outro desprezo máis cara as persoas usuarias da praia de Arealonga que, probablemente, sexa unha das praias que máis problemas ten e que máis desatendida está por este goberno”, recorda.
“Desde logo, cada día que pasa este goberno municipal amosa máis a súa total inoperancia e o único que consegue é seguir poñendo a Barreiros no centro do mundo como un exemplo de mala xestión e de desfeita e desprezo do traballo feito por outras persoas”, afirma a portavoz municipal.
“Alfonso Fuente e o Partido Popular están situando a Barreiros coma un punto negro, tamén, turístico; acabando cos referentes que tiña –como as bandeiras azuis ou os castelos na area- e sen ser capaces de promocionar ningún outro aspecto dos moitísimos que se poderían poñer en valor –como o Masma, o Santo Estevo ou a zona interior-“, conclúen desde o BNG.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



