O domingo 10 de xullo ás 19.00 horas na Escola Vella de Rinlo, unha parte importante do Coro da Mariña presentará seis cancións que traballaron estos meses desde a sua constitución en octubre do ano pasado, baixo a dirección e idea do bretón Pierrot Rougier e da mariñana Ugia Pedreira, unha proposta cívica sen subención institucional na súa formación inicial.
28 persoas das 38 que forman o coro, Cantores,as amadores sen experiencia anterior vindos de concellos e lugares diversos da Mariña e Occidente de Asturias como Cervo, Foz, Vegadeo, Serantes, Vilaronte, Obe, Ribadeo, S.Cosme e Rinlo, están cantando todos os sábados nesta escola indiana sede da As.Cultural O Cantal.
Aqui entre aulas de respiración, expresión, harmonia, rítmicas, conversas sobre o oficio musical dadas polos diretores habituais tamén puideron desfrutar dunha clase maestra de improvisación coa afamada música Chefa Alonso e de una aula de movemento e poética con a poeta Marina Oural e a coreografa asturiana Irene Álvarez.
É neste vrao que con ilusión, humildade e transparencia o Coro quer oferecer a sua visión do canto coral e mostrar a maneira de sentir a música mariñeira desde a Mariña, e qué mellor forma que comezar na escola que os acolle cada semán co seu interesante e estropeado reloxio Canseco,
Entre os obxetivos fundacionais do Coro estaba a consciéncia de que a música produce saude do corpo, da mente, do espíritu. Cantar contraresta sentimentos negativos. Implica unha concentración do cantado polo que mellora o estado de ánimo. Que a música rexuvenece , provoca cambios emocionais e cognitivos. . Que a música produce coesión social e comunidade, apoio social, polo que renega do aillamento e do sentimento de soidade.
Para o Coro da Mariña os diretores , seguiron a liña do respeto polas capacidades individuais de cada quen, as voces e movementos naturais dos cantores e cantoras, fixeron un seguimentos dos gostos, dos bloqueos e talentos de cada quen, e e con elo debuxaron e guiaron esta primeira etapa do coro. Neste caso non son as pessoas que seguen unha partitura xa feita, senon que Pierrot Rougier arranxa as cancións elexidas polo colectivo seguindo a sua propia inspiración e cábalas atendendo á entidade das voces e da capacidade dos coristas. Arranxos orixinais e exclusivos á carta según as habilidades das persoas do coro. Entre os ingredentes do coro está unha visión de Rougier aberta á hora de harmonizar baseada nos seus referentes de pop-rock internacional, a música bretona, a word music…. e Ugia Pedreira coida a escolla do repertorio, aporta dinámicas coleitivas e estructuras, perfila a escena centrandose na naturalidade do grupo desbotando posicionamentos homonexeneidades.
Presentaranse seis temas onde o Mar é “telón de fondo”, entre elas unha composición de excepción a “Habanera de Rinlo” do xoven cantor Pedro del Rio voz membro do coro, unha versión dinámica do tema “Chalaneru” tan expandido en todo o Cantábrico, cantarase a canción popular “A dorniña” con contrapuntos xoguetóns, unha canción do Cabo Vilán, outra de Silvio Rodriguez “Sueño con serpientes”, e un alalá aprendido de Amancio Prada adicado aos mariñeiros.